10-06-2008
non confundir con presente (futuro)
a propósito dunhas declaracións públicas d'ohqtomr (que está ben máis guapo caladiño), unhas reflexións sobre o libro en papel, a internet e etcétera.
- que o futuro do libro estea nos formatos dixitais non quere dicir que o presente do libro estea nos formatos dixitais.
- o que está a adiar a morte do libro é o soporte de lectura. para moita xente segue a ser moi incómodo ler no ordenador, nin mesmo os portátiles son axeitados para ler en todas partes. os pda's aínda son trebellos ao alcance de poucos petos e a súa pantalla non é tampouco demasiado cómoda (sen contar o problema da duración das baterías e outros).
- hoxe en día a discusión sobre a relación entre o libro en papel e a internet anda por volta das posibilidades da rede como "ferramenta para aumentar en tempo e profundidade os procesos lectores textuais" (vid. e vid.). a optimización dos soportes e a súa popularización (causa e consecuencia do descenso do seu prezo) farán que este estadio actual sexa superado.
- pero que o libro en papel aínda sexa un soporte vixente, non quere dicir que a súa morte non estea xa escrita.
- non coñezo as estatísticas pero a miña experiencia persoal faime pensar que os números aos que se refire juan varela no seu artigo antes referenciado probabelmente varíen de modo notábel se o soporte de lectura é máis cómodo (falando en cartos, que a xente é capaz de ler concentradamente textos maiores nun pda que nun pc).
- tampouco estou entrando a valor aquí se mola ou non mola o libro impreso. esa é outra discusión. nin mesmo estou a dicir eu se eu persoalmente prefiro unha cousa ou a outra.
- en todo caso, mentres o sistema literario e as súas institucións canonizadoras sigan debatindo sobre a relevancia do libro electrónico, os autores que recoñecen a existencia do tal sistema e a súa influencia no éxito ou no fracaso do libro (quer dicir: en que o libro teña ou non teña lectores) seguirán preferindo o papel, ou sexa, a vía que o sistema non cuestiona.
- e tampouco non quere dicir que ohqtomr non sexa un ser intrinsecamente contraditorio.
- e tampouco non quere dicir que as declaracións antes referidas sexan necesariamente un exemplo de contradición.
chuzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 5:51 na sección sen clasificar


A minha opiniom é que o papel (outra cousa será o formato físico que se empregue para encuadernar: nom tem que ser obrigatoriamente um livro), que o papel, digo, vai seguir existindo.
Para escrever, para ler, para difundir, para… Mas isso nom vai ser (nom é já), incompatível com a rede, com a pantalha, com os formatos que já conhecemos ou que vaiam aparecendo.
Ainda: a minha opiniom é que nom só nom som incompatíveis, mas que som obrigatoriamente complementares. Quem queira ter algumha cousa que dizer, que fazer, terá (teremos) que conseguir acertar na procura de dar-lhe forma a essa complementariedade.
Um exemplo para reflexionar: nunca tanta música se escoitou como hoje em dia, e nunca tam poucos discos se venderom.
Se calhar, aos livros pode-lhe suceder qualquer cousa polo estilo.
Ainda que, e remato, essas estatísticas que nos mostram que o 60% da populaçom nom lê nada de nada (nem sequera os diários desportivos) nom dá para muitas alegrías, nom?
O futuro do livro? Nom, o importante é o futuro da letra, da palavra, do verso, do texto, da literatura.