14-05-2008
non confundir con humor (mal humor)
galegos en arxentina denuncian un editor dun libro de chistes de gallegos.
eu tento eludir as xeralizacións e mais rexeito o uso de xentilicios para adxectivación pexorativa. pero denuncias como estas parécenme signos de... falta de humor? complexo?
non se contan acaso aquí chistes de arxentinos? e de portugueses?
o mesmo autor do libro agora denunciado ten tamén publicado estoutro título:

o 90% dos chistes de galegos que oín en buenos aires volvín oílos en caracas con protagonistas colombianos e nos programas de humor da tele española con protagonistas de lepe.
penso que os estereotipos se cambian andando. e que o único que conseguen os denunciantes é dar maior publicidade ao libro.
por certo, unha google-curiosidade. se fas unha procura de "chistes de argentinos", ao pé sae esta acaída suxestión de procuras relacionadas:

se fas unha procura de chistes de gallegos, a suxestión é estoutra:

chuzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 10:28 na sección sen clasificar


Estaban probando un aparato detector de mentiras. Eran un arxentino, un americano e un galego.
Primeiro ven o arxentino, sentase e di:
-”eu penso que son intelixente”. PIPIPIPIPIPIPI!!! soa o detector.
Despois ven o americano, sentase e di:
-”eu penso que son lindo”. PIPIPIPIPIPIPIPI!!!!! soa otra vez o detector.
ao final ven o galego e di:
-”eu penso…” PIPIPIPIPIPIPIPIPIPIPIPIPI!!!!!!
a mim este parece-me boíssimo: por que os americanos tiveram que retirar os cartazes de marlboro na galiza? porque os galegos mercavam cavalos.
Comparto o remoemento da vaca…