15-04-2008
non confundir con sentidiño (voto emigrante)
máis aló de lamentar fondamente o resultado das eleccións italianas, estiven fedellando un pouco nos resultados.
en italia, como penso que xa contei noutra ocasión, os emigrantes votan en circunscricións propias. a min tócame na de "europa" e votei por representantes da emigración en europa.
votei con moitas dúbidas. non son favorábel ao voto emigrante en xeral e iso aplícase a min mesmo. pero pensei, finalmente, que votar contra menem era un deber cívico universal. así que estiven lendo, consultando, informándome de programas e proxectos e votei.
por certo, non. non é un erro. o de menem, digo.
en todo caso, xa pasou.
pero hoxe, fedellando nos resultados electorais por circunscripcións, descubro que en europa gaña veltroni. aínda que en españa gaña berlusconi.
pero mirade ben os resultados de españa. son divertidos. fixádevos nun partido que, no global das eleccións non chega ao 1% dos votos pero en españa pasa do 7%. o "partito socialista".
sen moito devanarme os sesos chego á conclusión que, si, sen dúbida, os emigrantes non deberían votar.
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 4:39 na sección sen clasificar

