non confundir cun estado (rei)

o parlamento europeo propón aos estados membros un boicot á inauguración dos xogos olímpicos de pekín.

o diario público titula co asunto na portada e propón un debate: "¿Debe ir el rey a inaugurar los JJOO?".

escoitando esta mañá o inicio da tertulia en RNE1, a fío deste debate proposto propoñían a súa propia versión "deben os estados membros da UE asistir á ceremonia inaugural dos xogos?" (ou algo así). quitaban o rei da polémica porque "non imos cargar nas costas do rei un problema tan gordo de política internacional" (repito que, como foi na radio, non podo citar con precisión pero o fondo do argumento viña sendo este).

eu penso que non se debe "cargar sobre as costas do rei" nin este problema nin ningún outro. de feito, non se lle debe cargar nin mesmo a responsabilidade da coroa, nin a coroa mesma, nin o conflito de non saber en que gastarse todo o diñeiro que se gasta, nin nada de nada de nada, nin mesmo a molestia que debe significar que o teu nome saia na constitución.

cómpre lembrar que a representación internacional de españa é unha das funcións específicas da coroa (tít.II,art.56.1). parece rechamante, logo, que dende un medio no que non debe ser nin mesmo legal cuestionar a figura do rei, cheguen ao punto de poñer en dúbida a súa utilidade. se non se lle pode cargar nas costas unha cousa que é en si mesma unha das súas principais responsabilidades... xa me dirán.

Chuzame! chúzame -

3 remoementos adicionais a “non confundir cun estado (rei)”

  1. abril 12th, 2008 | 9:41

    Sobre este tema lin un artigo moi interesante no Jornal de Notícias, no seu suplemento, onde se reflexinaba sobre que, neste caso os únicos que perden son os deportistas.

    Por outro lado a min esta polémica sobre se debe ir o Rei dáme a risa, neste Estado seguimos a estela do que di o Imperio das Galaxias sen máis, son así de mandadiños, e como poñamos debaixo da lupa todos os mitivos polos que agora queren boicotear os Xogos en China teríamos que ver que esas mesmas “pallas” están nos ollos das grandes potencias mundiais, mais para adiante que o sistema manda.

  2. abril 15th, 2008 | 1:20

    Eu creo tampouco se lle ten que meter ó Rei en todo isto e que tampouco se debería “misturar” os xogos olímpicos co conflicto do Tíbet. Unha cousa é un problema de política exterior e outra moi diferente é que se intente facer repercusión e publicidade social cos xogos. O Tíbet non atopará respostas no estadio olímpico.
    Iso creo eu, vamos…

  3. abril 16th, 2008 | 12:04

    a idea do post era non meterse no asunto de se boicot si ou non. esa é outra discusión onde seguramente haberá máis opinións.
    por aprofundar, eu tampouco tería moi claro se estou de acordo ou non con dar azos a un estado tan marcadamente confesional.
    o asunto era discutir sobre se o rei ten que ver con todo isto ou non. e a miña posición é que, visto que está aí e a constitución lle dá unhas atribucións e responsabilidades, pois que cumpra coa representación do estado segundo o goberno se posicione en cada caso.