non confundir con confundir (titulares)

na voz de hoxe lemos o seguinte titular: "España é o segundo país do mundo en visitas a webs de pornografía infantil". isto xa é unha información impresionante. pero o subtítulo impresiona máis: "El 41,7% dos internautas españois consultan páxinas de este tipo".

despois lemos, no artigo: "España é o segundo país do mundo en visitas a páxinas web de pornografía infantil e o primeiro en Europa en consultas a calquera tipo de páxina con contidos pornográficos, ata o punto de que o 41,7% dos internautas españois consultan páxinas deste tipo."

aquí a cousa cambia: o 41,7% dos internautas españois, segundo o artigo, consultan páxinas con contidos pornográficos. isto, sen deixar de ser impresionante, reduce a alarma creada no subtítulo.

con todo, non tranquiliza saber que estamos no segundo país na lista de pedofilia por internet. pero está claro que, se o 41,7% dos usuarios de internet fosen pedófilos entón deberíamos reconsiderar o de permitir os nenos saíren á rúa.

Chuzame! chúzame -

non hai remoementos adicionais. non queres deixar o teu?