un mundo mellor (oxalá)

un:

arxentina está discutindo unha lei de matrimonios homosexuais. incluído dereito de adopción. discutindo. lonxe estamos aínda de que a lei sexa aprobada. con todo, a cidade de buenos aires xa admite parellas gays no seu rexistro de parellas de feito.

oxalá o proceso remate demostrando que arxentina está á altura dunha sociedade moderna, tolerante, aberta e libre de ataduras de moral decimonónica. parece moito pedir. veremos.

dous:

andan por aí discutindo se un ou outro candidato a portavoz do pp é mellor có outro ou cá outra, segundo sexa.

non teño moitas esperanzas e, no fondo, dáme bastante igual cal sexa o gañador da carreira.

si sospeito que o nome finalmente electo estará moi ligado a un ou outro barón triunfante o 9-m.

e se gaña o candidato de camps, eu quedarei coa impresión de que é espe quen perde o pulso. e digo eu que todo o que signifique perda de influencia desa axente da conferencia episcopal é unha boa nova.

o goberno de madrid está demostrando unha eficacia talibán na aplicación da moral cristiana (centros de interrupción do embarazo, educación para a cidadanía, son só dous exemplos).

unha pronta resolución do conflicto nas institucións xudiciais é fundamental para que o estado marque claramente as regras do xogo e nos deixemos de gaitas.

Chuzame! chúzame -

1 remoemento adicional a “un mundo mellor (oxalá)”

  1. marzo 22nd, 2008 | 5:55

    Pois si que sería un notición que se aprovase o matrimonio gay en Arxentina. Deses difíciles de crer, como cando se aprobou no Estado español.