non confundir con argumentos (demagoxia)

seica pasou desapercibido. estiven tentando localizar o texto literal do debate para transcribilo aquí pero non o encontrei.

o caso é que o outro día, o candidato do pp acusou ao do psoe polo incremento do número de inmigrantes con permiso de residencia en españa. acto seguido, referiuse ao penoso que resulta para a xente conseguir praza nun centro de ensino para seus fillos ou un turno con espera razoábel na atención primaria.

é que ninguén se dá conta do exemplar de xenófobo que temos neste barbado candidato?

é necesario aclarar que, para poder ter papeis de residencia, un inmigrante ten que ter traballo legal e pagar os seus impostos e cotizacións á seguridade social? é logo culpa dos inmigrantes que non haxa prazas no ensino público ou que haxa que esperar tres e catro días para conseguir un turno co médico de cabeceira?

se eu vou á nevera comer un iogurte e non hai. o culpábel é meu fillo de 11 meses que o comeu? ou eu porque non merquei abondo ou non os repuxen a tempo?

en calquera caso, discursos como este son pura demagoxia, alimentan os instintos máis baixos da poboación e os efectos secundarios non tardaremos en velos.

Chuzame! chúzame -

1 remoemento adicional a “non confundir con argumentos (demagoxia)”

  1. febreiro 27th, 2008 | 9:58

    tes o texto íntegro do debate aquí

    O mesmiño argumento que das ti dábamo hai tempo unha persoa que traballa na integración de inmigrantes.
    Para facer a integración menos gastar cartos en facer festas folclóricas (dicía el referindose a unha festa que fixera o concello na Coruña) e mais gasto en saude e educación para evitar o colapso e que a xente colla manía ós inmigrantes.