25-02-2008
non confundir con alternativa (pánico)
xúrovolo... levo días e días pensándoo e non consigo dar coa resposta:
como é que hai xente que vai votar o pp?
por exemplo. din que a solución ao problema da vivenda pasa por liberalizar completamente o chan. que se poida edificar en calquera parte.
hai que ser realmente cateto para pensar que propostas así beneficiarán algún día á xente de a pé. os currantes, como di agora o candidato.
a dereita SEMPRE defende UNICAMENTE os dereitos dos DONOS DO CAPITAL.
desculpade as maiúsculas, pero é que estou tan cabreado...
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 8:06 na sección sen clasificar


Pois non é que alguén lles vote, nestas eleccións vótanlles millóns. será que non nos tomamos en serio a política e imos a votar coma quen acode a un campo de futbol?. ou quizais os propios políticos tratan o tema das eleccións coma un reparto estratéxico de papeletas sen ofrecer nin información nin honestidade suficiente para que a xente poida decidir?
a “información” que ofrecen os políticos é, efectivamente, sesgada, tramposa e pouco útil, como ben quedou demostrado no debate do outro día.
sen contar con que o propio debate a dous é, en si mesmo, unha información sesgada porque ignora todo o resto de alternativas.
e dígoo sen o típico rancor do que queda fóra, que eu non sabería desta a quen votar.
aínda que si sabería a quen non.
en todo caso, tamén penso que hai moita xente que non se ocupa de pensar o que vota. cansei onte de escoitar comentarios sobre as gravatas dos candidatos… un asunto de trascendencia vital para a escolla do voto.