non confundir con novidade (decepción)

erro na columna da dereita. non estaba lendo a vida interior de martin frost (que queda para máis adiante) senón viaxes no scriptorium.

remateina onte á noite. xa viña un pouco fastidiado porque descubrira o asunto da trama alá ao principio da novela. pero o final rematou de decepcionarme.

a cuestión dos personaxes en oposición dialéctica ao autor non é xa novidade na literatura pero que cousa é, a estas alturas, novidade na literatura?

o que esgotou a miña paciencia foi a reflexión final: o personaxe que toma a palabra e mantén que todos os personaxes de "chamémoslle Blank" seguirán sempre vivindo, sobrevivirán o seu autor.

é exactamente a mesma reflexión que augusto pérez presenta a unamuno cando vai visitalo no seu despacho da universidade de salamanca nunha novela de hai case un século.

Chuzame! chúzame -

3 remoementos adicionais a “non confundir con novidade (decepción)”

  1. febreiro 14th, 2008 | 12:53

    Tremendamente interesante!!

    he he

    Alguén quere apresentarse a un certame de relatos de aventuras???

    Renovamos a web 2 veces ao día polo que compre baixar a barra para atopar as bases

    Unha forte aperta!!!

  2. febreiro 19th, 2008 | 11:29

    completamente dacordo…

  3. febreiro 19th, 2008 | 11:55

    que alivio, desorde… se un incondicional como vostede concorda comigo é que tan errado non debo andar.