7-02-2008
non confundir con ofertas (psp3)
alucino a diario coa publicidade da psp3.
"só 499,99 €"
"agora non tes ningún motivo para non mercala"
iso é máis da metade do soldo dalgunha xente que coñezo. e unha porcentaxe máis que apreciábel do meu.
porén, véndese como rosquillas, rematan as existencias do produto para nadal, etc.
onde acabará esta espiral de consumo delirante?
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 10:27 na sección sen clasificar


Eu como merque unha a ese prezo a miña parella bótame da casa. Iso sí, os meus curmáns pequenos teñen unha nas súas casa, cortesía de Papa Noel e dos Reis Magos… Isto me pasa por non crer.
vai acabar onde xa acabou noutros sitios e vostede, benquerido Edu, sabe ben do que falo. Claro, será menos dramático e tal, pero…
Ese é o soldo mensual dalgunha xente que coñezo.