non confundir con relixión (bispos)

cales serán os motivos de fondo para que este estado siga sustentando unha manada de bárbaros medievais que non respectan ningunha das institucións do mesmo estado que lles dá de comer?

realmente alguén cre que as pataletas dos bispos poderían ter tanta forza se algún goberno se decide dunha vez por todas a pecharlles a billa?

eu non digo que non falen. que falen o que queiran. só que non estou pola labor de que sigan manténdose gordos e locuaces a costa dos meus impostos.

ocórrenseme un par de cousas máis útiles que facer co que costa o concordato: alixeirar as listas de espera da seguridade social, por exemplo, ou universalizar a odontoloxía gratuíta... sen romperme moito a cabeza.

Chuzame! chúzame -

non hai remoementos adicionais. non queres deixar o teu?