8-01-2008
non confundir cun topónimo (hampshire)
chámame a atención estes días, a conto das primarias yankees, o asunto do topónimo.
para min, que non sinto a necesidade de ser consecuente en cousas como estas, o sitio en cuestión sempre foi "new hampshire", así como sempre dixen "nova orleáns" e case sempre "nova iorque" (veña, vai, case sempre digo "nova york").
adoito dicir "buenos aires" ou "sao paulo" (sen nasalizar o a) pero nin se me pasaría pola cabeza dicir "london".
neste artigo da voz de galicia, escollen "nueva hampshire" pero se lles escapou un "new hampshire" ao final. sinal de que o autor estaba pensando en "new" pero, por regra de estilo ou orde similar, fixo o esforzo de unificar en "nueva". porén, nestoutro falan sempre de "new hampshire"
neste de europa press tamén andan dubidando (aínda que a escolla preferente semella ser "new hampshire" pero, curiosamente, escreben todo o tempo "nueva york").
neste de "el país" de colombia, repártense mellor: 3 exemplos de cada (por certo, observade o asunto do acento en azul no logo da cabeceira, sóavos de algo?)
a nosa terra parece decantarse por "new hampshire".
neste artigo de galicia-hoxe escollen "novo hampshire". (e, neste de el correo gallego, "nuevo hampshire".)
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 12:09 na sección sen clasificar

