non confundir con política (principios)

o outro día chamei ao meu bo amigo celso para que me dese unha versión máis "próxima" do pasamento do ínclito ex-conselleiro de obras públicas e beneficios privados.

el ía en coche por algunha estrada do país (de copiloto, que non conduce) así que moi "próxima" a súa versión non era.

e, a maiores, ese día estaba máis afectado porque decidira (e esa mañá se fixera público nun aparte da prensa local -ou, debería dicirse, da edición local da prensa-) deixar o seu traballo.

non falamos moito (non estaba eu en situación) pero algo me comentou sobre os seus vellos topetazos coa xente que xestiona a residencia de lalín.

leva tempo celso preocupado porque dende arriba lle coutan os proxectos que tenta levar adiante. el é un loitador irremediábel e cóstalle cando ve que a avaricia política (ía dicir "ideolóxica" pero pareceume demais) fai de paus no eixo do seu ímpeto por facer máis levadeira a "infinita tristeza" (como mo definiu unha vez) dos habitantes do sitio onde traballa.

sei que celso vai estar ben. el é un tipo emprendedor e non lle ha faltar ocupación. síntoo polos vellos da residencia de lalín. eles si que o han botar en falta.

reflexión engadida 09/01/2007
quedei matinando que -aínda que moitas veces os nosos políticos se empeñen en demostrar o contrario- igual tamén é demais chamar "política" á mesquindade coa que celso ten que lidar decote na residencia. tampouco eu sabería como chamala... estaba pensando nalgo así como "político-minifundista". seguro que o propio celso ten unha explicación moito máis precisa.

Chuzame! chúzame -

non hai remoementos adicionais. non queres deixar o teu?