29-01-2008
non confundir con investimento (negocio)
neste artigo da voz de hoxe fálase dos problemas de subministro enerxético en arxentina.
algunhas novas recentes:
- cortes de luz frecuentes
- prohibición ás empresas petrolíferas de exportar se non se garantiza o abastecemento do mercado interno
fálase varias veces no artigo das escasas posibilidades de solución do problema a curto prazo e todas as veces sinálase o goberno como responsábel.
pero ninguén di que tanto a extracción como a producción e distribución de enerxía en arxentina é responsabilidade de empresas privadas (sobre todo europeas e norteamericanas) que nos 80 se fixeron a prezo de saldo con empresas públicas monopólicas (ou case) e, dende aquela:
- non foron quen de prever as necesidades a futuro do mercado interno
- fartáronse de enviar ás súas centrais os beneficios do negocio sen reinvertir un céntimo no desenvolvemento dun sistema enerxético moderno e eficiente
as empresas públicas que vendeu menem nos 80 garantizaban o subministro. a excusa era, xustamente, que non estaban en condicións de modernizarse, de adaptarse ás necesidades do futuro.
quedou demostrado que as privadas tampouco non estaban. só lles interesaba o negocio inmediato, a pasta fresca.
as empresas europeas levantaron os beneficios con pala e agora é responsábel o goberno da falta de previsión.
o erro da afirmación anterior é que o responsábel non é o goberno arxentino senón o estado arxentino (como institución perdurábel máis aló de circunstancias electorais):
- de entregar as empresas públicas (léase: dos arxentinos) a empresarios inescrupulosos.
- de facelo sen establecer condicións claras de utilización.
- de non proceder (con tempo e antes de que rebentase a crise) a expropiar todas as empresas que non cumpriron.
corrupción? claro que as privatizacións se fixeron con corrupción. e probabelmente moitas das empresas sigan aí a forza de corrupción.
pero non hai que esquecer nunca que ningún político se corrompe se non hai alguén que poña a pasta da corrupción enriba (ou debaixo) da mesa.
e agora lembrade todas e cada unha das veces que os políticos españois (por exemplo) saíron a defender os intereses desas empresas.
chuzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 5:16 na sección sen clasificar
» non hai remoementos adicionais

» 1 remoemento adicional

