19-12-2007
non confundir con entusiasmo (os pinos)
os himnos cantan a vitoria dos pobos. afirman identidade.
o noso, como lembraba jaure hai uns días, empeza por unha pregunta. eu tamén pensaba que era o único, pero bueno... case.
e, como dicía rafa nunha das innúmeras veces que o cantamos aló por 2001/2002 a conto do chapapote, é o único himno triste.
e como iso de triste non é moi medíbel, que veña alguén e me contradiga.
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 6:38 na sección sen clasificar

