19-12-2007
non confundir con ecoloxía (don dinero)
a comisión europea aproba (por maioría) unha norma para reducir as emisións contaminantes dos coches.
nin no interior mesmo da comisión acadan consenso para este plan que nin prohibe nin mesmo penaliza a fabricación de coches moi contaminantes senón a media de emisións da flota de cada fabricante.
quer dicir: poden seguir fabricando 4x4 supercontaminantes para executivos pijo-agresivos sempre e cando fabriquen máis choches pequenos que contaminen pouco.
quer dicir: o dereito a contaminar págase. e se eu teño pelas podo contaminar a vontade.
cando compre o meu próximo coche pequeno sentireime moi satisfeito por colaborar a que alguén con posíbeis poida ter o seu 4x4.
quédome moi contento. esta é a miña europa de progreso e benestar e xustiza.
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 6:08 na sección sen clasificar

