os capitais europeos entraron en américa latina mercando empresas a precio de saldo a costa de subornos a gobernos corruptos.
(responsabilidade compartida: non hai corrupto se non hai alguén disposto a pagar o suborno.)
esas empresas non crearon riqueza nos países aos que chegaron: reduciron plantillas (posibelmente sobredimensionadas), incrementaron descontroladamente as tarifas e os beneficios íntegros atravesaron o charco para engordar os saldos das contas dos seus accionistas. en moitos casos nin mesmo houbo reinvestimento para manter ou mellorar as infraestruturas coas que prestan servizos caros e malos.
(responsabilidade compartida: esta falta de reinvestimento viola en moitos casos os contratos das concesións e os países latinoamericanos non os cancelan por presión dos gobernos europeos que se fan, así, cómplices da estafa.)
con todo, se o capital europeo permanece en américa latina é (a non dubidalo) porque aos seus donos lles compensa.
están no seu dereito de facer presión para conseguir mellores condicións de negocio. e tamén os gobernos están no seu de defender os intereses dos consumidores.
e de protestar, como é o caso da cumbre de santiago de chile, aínda que non é preciso ser maleducado como foi chávez, un iluminado que cada día dá máis mostras de non estar á altura.
pero tampouco juan carlos borbón estivo á altura. a súa saída de tono non é propia de ningunha diplomacia e moito traballo (e diñeiros públicos) ha costarlle ao estado subsanar o real exceso.
chúzame -