24-10-2007
non confundir cun retorno (13) (estar)
alguén dixo o outro día unha cousa que me pareceu excesiva pero que, pasados os días, fan que pense que tiña razón.
refírome ás reaccións dos blogueiros e internautas galegos en xeral ante o asunto "yolanda castaño/aduaneiros".
logo, cómpren unhas reflexións/puntualizacións adicionais:
- moléstanme sobremanera as lealdades automaticas que se producen no blogomillo.
- preocúpanme as reaccións irreflexivas.
- ponme de moi mal humor as falacias e os postureos.
- detesto os insultos (e toda outra acción) anónimos ou agochados detrás dun pseudónimo.
se toda a xente que defenestra a poesía de y.c. no blogomillo lese a poesía de y.c. entón y.c. non precisaría facer cifras e letras para comer todo o mes.
e cando digo "lese" non me refiro a ler un poema na internet. refírome a ler a súa obra a conciencia como para permitirse criticala.
outra cousa é criticar a y.c. polo affaire "sargadelos". aí non teño nada que discutir. quero dicir: que cada un pode pensar o que queira de que teña aceptado a dirección da galería da coruña. que cada un pode dicir o que queira en público ao respecto. só un pequeno apunte: algún dos que a critica por aceptar ese posto parou un segundo a pensar que faría se llo ofrecesen?
eu defendo a liberdade de expresión. defendo que a xente que se expón en público correo o risco de que a critiquen. defendo que un debe ser conciente do que fai e saber aceptar que os demais poidan non estar de acordo.
pero tamén digo que debemos ser máis respectuosos uns cos outros. que unha crítica non precisa un agravio ou un insulto (de feito, creo que un agravio ou un insulto descalifican a crítica en si mesma, pero iso é fariña doutro saco).
e, consecuentemente, defendo o dereito de cada un a facerce tratar con respecto.
fóra dobres morais: se eu son dono deste bar, son responsábel de que nel non se falte o respecto de ninguén.
como teño poucos parroquianos (e ultimamente, menos que poucos) nunca me vin na tesitura de ter que eliminar un comment por faltar o respecto. pero non dubidedes que o farei o día que sexa preciso.
e isto non me fai partidario da censura ou censor da liberdade de expresión. faime partidario do respecto e da participación construtiva e reflexiva.
que os conceptos "construtivo" e "reflexivo" son subxectivos (e riman) e dependen do meu criterio? si, pero para iso eu son o dono deste bar e os demais teñen dereito a vir ou a non vir por aquí.
eu, dentro das miñas limitacións, tento remoer os asuntos antes de postealos. e comento respectuosamente. só pido respecto e, a ser posíbel, reflexión.
quen queira convertir o blogomillo en aquí hay tomate non conta co meu apoio.
remoementos adicionais:
- a impresión é que a reacción de a.s.f. é fraudulenta por histriónica e a maioría picou.
- as xentes da cultura deste país están facendo milleiros de cousas, moitas veces pola cara, e non teñen o máis mínimo eco nos medios de comunicación. este tema foi portada e contraportada de galicia hoxe e mereceu dous artigos en vieiros. é normal? ou é que, máis unha vez debemos enunciar "que paisiño!"?
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 12:47 na sección sen clasificar


bueno, está ben parte do que dis, concordo en moitas cousas. mais non esquezas que os aduaneiros levan cinco anos facendo cousas tamén polo pais na sua páxina, e nunca cobraron tampouco por iso… polo demais, xa sabes que sempre hai xente que usa a liberdade de expresión co cú, e sentidiño hai bastante pouco ás veces. de todo o revoltallo de opinións, eu quédome co do blogue de X.M. Pereiro, o de sihomesi.blogspot.com. merece a pena lelo, sobre todo porque foi dos poucos en se molestar en falar coas dúas partes implicadas. un saudiño, Edu. chamareite.
perdón, a páxina de X.M. Pereiro é: sihomesi.com
beijocas
Pois eu nen leo a y.c. (porque non me coincidíu) nen vou pola páxina de a.f. (porque me perdo por outras). Pero neste caso penso que, sen negar que os a.f. tiñan que ter quitado e mesmo posto en moderación os comentarios dese post, xa que abondaban as ofensas personais, a petición de retirada do famoso flash non é algo pertinente nen de recibo. Xa que os de a.f. están a expresar, con esa imaxe en flash, eu faría o mesmo que eles. Se teño unha páxina e non podo expor o meu traballo , enton a pechar, xa que non todos estamos para gastar en avogados. E aquí ninguén dí que os a.f. fixeran ben o seu labor. todo o mundo coincide en que foi unha neglixencia non censurar aqueles comentarios. Pero censurar unha imaxe tamén está mal, ¿ou non?
Polo tanto, eu non sei se os de a.f. están en crise ou non, pero se a min me dixeran que quite, non so uns comentarios que no seu dia non censurei, senón un labor creativo que fixen tamén, ahí, eu pecharia o blog.
como ben reseña pereiro, solicitar a retirada da imaxe foi un exceso que, segundo di y.c., só facía parte da negociación. ela sostén que non pensaba facer cuestión dese reclamo.
evidentemente, “suportar” a imaxe debía ser parte do que eu digo que un debe aturar se se expón, voluntariamente, aos ollos públicos.
o caso é que a reacción histriónica deixou as cousas nun punto no que xa é moi difícil voltar atrás, desdicirse, rectificar ou corrixir.
e aquí perden todos, perdemos todos (eu si era, “hormiga”, lector de a.s.f.
)
¿Suxires que foi unha estratexia de márketing?
E algo que me esquecera dicir, e tamén estou en contra das lealtades automáticas (é algo demasiado populista que vai contra os meus principios). Pero sí me interesa o tema de internet e a liberdade de expresión. Por iso volto repetir que, tanto me ten se é parte dunha postura negociadora ou non. Eu non teño avogado e se me pediran que retirara algo que eu creei da miña páxina, pecharía esta de inmediato. Ou es libre ou censuras. E neste razonamento non entran os famosos comentarios que tiña esa páxina que son so unha mostra de mala xestión, culposa e para o meu pensar tamén dolosa, xa que tiveran tempo abondo para sacalos dalí.
Pero reafirmome, non se pode esixir que quiten algo so porque non che gusta, se é así, un síntese indefenso e morre a liberdade de expresión.
a liberdade de expressom própria termina onde comeza a do vizinho
lin por aí que esixir a retirada dos comentarios era parecido a que o dono dun bar botase a algún por falar na barra cousas que non lle parecen ben.
sospeito que se os aduaneiros ían ter difícil xustificar diante dos seus parroquiano se cedían á demanda de retirar os comentarios (concordo con hormiga en que foi exceso demandar que se quitase a animación).
creo que, postos diante da situación, foi unha idea que se lles ocorreu (non penso en premeditación). unha boa idea, sen dúbida. a animación tivo tantas visitas como probabelmente ningunha outra na historia dos a.s.f.
e o peche foi o máis parecido que unha inmolación ao bonzo.