17-10-2007
non confundir cun retorno (11) (fronteiras)
reflexións sen fío
- non son quen de xulgar as opcións laborais, ideolóxicas, políticas ou culturais de ninguén.
- non son quen de xulgar a ninguén como poeta mirando só para as súas opcións laborais, ideolóxicas, políticas ou mesmo culturais.
- a.s.f. sempre me pareceu un espazo de humor gráfico interesante e intelixente. o animado da polémica non modifica un ápice a miña opinión.
- fastídiame sobremanera o mal gusto de moita xente á hora de deixar comentarios por aí. sobre todo cando os comentarios son agresivos contra alguén e veñen agochados detrás dun pseudónimo.
- pero o mal gusto non é delicto
- e non ten por que ferir. cómpre ollar por riba do mal gusto. non estar á altura
- encántanos en galiza criticar a quen ten éxito. pero tamén é certo que se un acepta ser socialmente visíbel debe saber que se expón a cousas boas e chungas
- e gustaríame pensar que non estou á altura ramplona dos comentarios ramplóns (e non estou falando aquí só dos comentarios contra yolanda senón tamén de moitos dos comentarios que a defenden)
engadindo:
- é interesante tamén o comentario 91 do asunto en chuza. que aquí as vítimas sangran. todas. pola ferida semellante.
engadindo 2:
- como está realmente tirado atopar na rede hoxe comentarios que defenden a a.s.f. e critican a y.c., vai un link a un post que levanta unha postura diferente e moi intelixente. menos mal que non todo o mundo opina a bote pronto .
remoeuno así o ollo da vaca ás 12:51 na sección sen clasificar

