non confundir cun retorno (10) (hoax)

hoxe recibín, outra vez, un hoax. estaba escribindo ao remitente un dos meus instrutivos mails aos que ninguén lle fai caso e pensei en colgalo aquí dunha vez para aforrarme reescribilo de cada e limitarme, no futuro, a enviar links aquí.

velaquí vai:

os hoaxes son falsas alarmas de virus e son considerados virus en si mesmos. por que?

1) producen inxentes cantidades de correo inútil, facendo perder tempo aos destinatarios e, sobre todo, recargando os servidores de correo e as redes de comunicación con lixo
2) algúns deles fan que os propios receptores da mensaxe borren eles mesmos arquivos importantes do seu ordenador
3) propagan pola rede mensaxes de correo que levan, no encabezado, moitos enderezos de correo electrónico que, nalgún punto da súa travesía adoitan, chegar a mans de spammers, quer dicir: xente que os utiliza para enviar spam ou para vendelos a empresas que envían spam

unhas regras básicas para o uso do correo electrónico resolven todos os problemas deste tipo (e, se todos as utilizasemos, as mensaxes de advertencia de risco de virus serían innecesarias aínda que a ameaza fose real):

- non abrir ningún correo electrónico de destinatario descoñecido
- non abrir ningún correo electrónico de destinatario coñecido pero con "asunto" dubidoso (funciona ben, está comprobado, aquilo de "recibín un correo teu co asunto tal, non o abrín porque pensei que podía ser virus ou spam, se era realmente teu, reenvíamo cun asunto máis explícito")
- os arquivos recibidos como adxunto dun correo electrónico deben abrirse unicamente cando o remitente da mensaxe diga con claridade que envía un adxunto, o nome do arquivo e a finalidade que se persigue con el
- non seguir nunca unha cadea. no caso de que a tentación sexa incontrolábel, ter primeiro a precaución de consultar nun buscador se o que se está reenviando é real ou hoax.
- ao reenviar un mail recibido ter a precaución de eliminar do encabezado todos os enderezos electrónicos que inclúa
- ao enviar un mail a varios destinatarios, incluír todos os destinatarios na sección cco ou bcc (dependendo do cliente de correo utilizado) para que os enderezos de cada un deles non sexan visíbeis para os demais. evítase así o risco de que a información caia en mans de spammers e se reduce o risco de contaxio de virus que se reenvían utilizando clientes de correo pop (outlook e similares).

existen páxinas dedicadas expresamente a brindar información sobre cadenas falsas, virus e hoaxes. algunhas delas son:

http://www.rompecadenas.com.ar
 http://antivirus.hispavista.com
 http://www.forospyware.com/

nesta atoparedes tamén unha lista de hoax coñecidos e tristemente divertidos

Chuzame! chúzame -

1 remoemento adicional a “non confundir cun retorno (10) (hoax)”

  1. outubro 13th, 2007 | 12:50

    Ola,
    Eu CREU que ti eS David. Se é así, coñecémonos. Se me equivoco, non.
    Eu vivo aquí:
    http://eltoupoquefuza.blogspot.com/

    En calquera caso, un saúdo desde a beiramar cantábrica.
    Suso