24-10-2007
non confundir cun retorno (13) (estar)
alguén dixo o outro día unha cousa que me pareceu excesiva pero que, pasados os días, fan que pense que tiña razón.
refírome ás reaccións dos blogueiros e internautas galegos en xeral ante o asunto "yolanda castaño/aduaneiros".
logo, cómpren unhas reflexións/puntualizacións adicionais:
- moléstanme sobremanera as lealdades automaticas que se producen no blogomillo.
- preocúpanme as reaccións irreflexivas.
- ponme de moi mal humor as falacias e os postureos.
- detesto os insultos (e toda outra acción) anónimos ou agochados detrás dun pseudónimo.
se toda a xente que defenestra a poesía de y.c. no blogomillo lese a poesía de y.c. entón y.c. non precisaría facer cifras e letras para comer todo o mes.
e cando digo "lese" non me refiro a ler un poema na internet. refírome a ler a súa obra a conciencia como para permitirse criticala.
outra cousa é criticar a y.c. polo affaire "sargadelos". aí non teño nada que discutir. quero dicir: que cada un pode pensar o que queira de que teña aceptado a dirección da galería da coruña. que cada un pode dicir o que queira en público ao respecto. só un pequeno apunte: algún dos que a critica por aceptar ese posto parou un segundo a pensar que faría se llo ofrecesen?
eu defendo a liberdade de expresión. defendo que a xente que se expón en público correo o risco de que a critiquen. defendo que un debe ser conciente do que fai e saber aceptar que os demais poidan non estar de acordo.
pero tamén digo que debemos ser máis respectuosos uns cos outros. que unha crítica non precisa un agravio ou un insulto (de feito, creo que un agravio ou un insulto descalifican a crítica en si mesma, pero iso é fariña doutro saco).
e, consecuentemente, defendo o dereito de cada un a facerce tratar con respecto.
fóra dobres morais: se eu son dono deste bar, son responsábel de que nel non se falte o respecto de ninguén.
como teño poucos parroquianos (e ultimamente, menos que poucos) nunca me vin na tesitura de ter que eliminar un comment por faltar o respecto. pero non dubidedes que o farei o día que sexa preciso.
e isto non me fai partidario da censura ou censor da liberdade de expresión. faime partidario do respecto e da participación construtiva e reflexiva.
que os conceptos "construtivo" e "reflexivo" son subxectivos (e riman) e dependen do meu criterio? si, pero para iso eu son o dono deste bar e os demais teñen dereito a vir ou a non vir por aquí.
eu, dentro das miñas limitacións, tento remoer os asuntos antes de postealos. e comento respectuosamente. só pido respecto e, a ser posíbel, reflexión.
quen queira convertir o blogomillo en aquí hay tomate non conta co meu apoio.
remoementos adicionais:
- a impresión é que a reacción de a.s.f. é fraudulenta por histriónica e a maioría picou.
- as xentes da cultura deste país están facendo milleiros de cousas, moitas veces pola cara, e non teñen o máis mínimo eco nos medios de comunicación. este tema foi portada e contraportada de galicia hoxe e mereceu dous artigos en vieiros. é normal? ou é que, máis unha vez debemos enunciar "que paisiño!"?
chuzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 12:47 na sección sen clasificar
» 8 remoementos adicionais

