non confundir cun retorno (2)

el ten 75 anos, ela tiña 85 e alzheimer.

el ocupábase dela a todas horas. "queríanse moitísimo" din os viciños.

nos últimos tempos a el operárano dúas veces do corazón e sentíase debilitado. queixábase de non poder ocuparse dela como o facía antes.

matouna. e despois tentou (sen éxito) suicidarse.

"novo caso de violencia de xénero", foi o titular.

se eu fose o redactor, creo que preferiría titular "fracaso do estado de benestar".

Chuzame! chúzame -

6 remoementos adicionais a “non confundir cun retorno (2)”

  1. febreiro 15th, 2007 | 7:12

    Sen dúbida concordo contigo plenamente. O titular pode servir como caso patente do tipo de cerebro co que se fai o xornalismo en tantas ocasións. Despois aínda falan da importancia da súa “función informativa”.

  2. choriminha
    febreiro 23rd, 2007 | 1:29

    Una mujer que vivía en otro edificio de la misma comunidad detalló que solía coincidir con el agresor, “una persona muy normal”, y que desde hace algún tiempo le llevaba a su esposa un ramo de flores todos los sábados por la mañana.

  3. choriminha
    febreiro 23rd, 2007 | 1:30

    Una mujer que vivía en otro edificio de la misma comunidad detalló que solía coincidir con el agresor, “una persona muy normal”, y que desde hace algún tiempo le llevaba a su esposa un ramo de flores todos los sábados por la mañana.

    http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=91702&pIdSeccion=2&pNumEjemplar=2306&pFechaEjemplar=2007-02-16%2000:00:00

  4. marcos de auria
    marzo 7th, 2007 | 12:51

    Homenaxe a Carlos Casares. Convite á blogosfera galega

    O próximo venres, 9 de marzo, vanse cumprir cinco anos da morte de Carlos Casares, falecido en Vigo o 9 de marzo do 2002. Carlos Casares foi un excelente escritor, un magnífico conversador e tertuliano e, para moitos/as, un amigo e un referente moral.
    Propóñovos, se vos parece ben, facerlle unha pequena homenaxe dende a blogosfera galega (refírome a todos os blogs de galegos, de nacemento e de corazón, que se reparten por todo o planeta). Ó cabo, Carlos era un apaixonado dos aparatos e trebellos tecnolóxicos máis orixinais e tamén estaba entusiasmado co mundo virtual e as posibilidades de Internet. Non chegou a escribir un blog, pero tiña un xeito de blog nos xornais (“Á marxe” en La Voz de Galicia), co que comunicaba todos os días con milleiros de galegos e galegas, sendo o columnista máis seguido da prensa galega. Consta ademais que moitos dos seus amigos e colegas chamábano a cotío dándolle datos ou comentarios sobre os temas que trataba nas súas columnas: o equivalente ó que hoxe son os comentarios ós nosos textos nos blogs.
    En fin, que se vos parece pertinente, sería moi fermoso que o 9 de marzo todos os blogs que queiran publiquen un pequeno texto en homenaxe a Carlos Casares, lembrando a súa obra e a súa personalidade. Queda feito o convite.
     www.asuvasnasolaina.blogspot.com)

  5. abril 13th, 2007 | 11:32

    Silvio Falcón dijo…

    MENSAXE DE PETICIÓN DE ADHESIÓN AO BLOGOMILLO:

    Amigos e amigas, coido que todos denunciamos aqueles que destrúen o noso medio natural.

    Actuemos, movámonos contra o que está á pasar en Tomiño!

    O blogomillo ten voz.

    http://eu-e-galiza.blogspot.com/2007/04/realmente-noso-movmonos.html

    Unha aperta

  6. abril 13th, 2007 | 11:33

    Silvio Falcón dijo…

    MENSAXE DE PETICIÓN DE ADHESIÓN AO BLOGOMILLO:

    Amigos e amigas, coido que todos denunciamos aqueles que destrúen o noso medio natural.

    Actuemos, movámonos contra o que está a pasar en Tomiño!

    O blogomillo ten voz.

    http://eu-e-galiza.blogspot.com/2007/04/realmente-noso-movmonos.html

    Unha aperta