15-02-2007
non confundir cun retorno (2)
el ten 75 anos, ela tiña 85 e alzheimer.
el ocupábase dela a todas horas. "queríanse moitísimo" din os viciños.
nos últimos tempos a el operárano dúas veces do corazón e sentíase debilitado. queixábase de non poder ocuparse dela como o facía antes.
matouna. e despois tentou (sen éxito) suicidarse.
"novo caso de violencia de xénero", foi o titular.
se eu fose o redactor, creo que preferiría titular "fracaso do estado de benestar".
chuzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 5:11 na sección sen clasificar
» 6 remoementos adicionais


