22-11-2006
despedida?
hai xa máis de un mes que non escribo nada.
algúns días é que estou liado con outros asuntos, outros que desconecto de todo e, en xeral, que reincido nunha sensación da que xa falei hai algúns posts: a realidade repítese e estou realmente aburrido de facer os mesmos comentarios sobre feitos semellantes.
non escribo, non se me ocorre nada interesante para dicir, non vexo nada novo que mereza a pena comentar. e, por riba, ando liado e coa mala conciencia de que teño abandonado o blog.
pois xa está: neste momento solemne libérome da mala conciencia.
se algún día escribo, ben. se xa non volvo escribir, ben tamén.
os meus remoementos non son (nunca pensei que o fosen) imprescindíbeis para ninguén.
e eu vou estar máis tranquilo.
saúdos a todos os que pasan por aquí. saúdos a todos os que pasaron algunha vez.
remoeuno así o ollo da vaca ás 3:44 na sección sen clasificar


Vale, imprescindibles non serán, pero agradécense ben.
De tódolos xeitos, ese plan blóguico é exactamente o que eu levo e vaime ben. Recoméndollo. Algúns seguiremos botando de cando en vez un ollo por este ollo.
Saúde!
Pero non lle deas carpetazo así, home, que nos quedamos sen remoementos, aínda que sexa escribe máis espaciado, se pasar vamos pasar igual por aquí.
a min pásame de canto en canto. Paso quince días sen escribir, e sobre todo sen gañas de escribir nin nada que contar. Pero todo iso regresa. Proba a especializar máis o blog, ou cambia a temática. E home, escribir un blog non é obrigatorio. E aínda que todos seguiremos vivindo sen os teus posts (e os de calquera, e os nosos propios), botarémolos de menos en todo caso
eu concordo con zerovacas, escribir un blog non é obrigatorio. Por iso, eu seguirei pasando por acá a ver se o atopo. Xa sabe que leo dende lonxe pero con moito interese!!
http://www.elpais.com/recorte/20061127elpepivin_5/XLCO/Ges/20061127elpepivin_5.jpg
Caramba obrigatorio non é certamente, pero un gustazo si (supoño que todas esas sensacións acumuladas son polo momento actual) todo pasa e todo cambia. O que vostede decida estará perfecto. De tódolos xeitos eu tamén irei paseando por aquí.
Unha aperta.
fas ben. estas cousas son para divertirse. se che vai causar cansazo ou frustación, pois o deixas un tempo e xa está.
pd: por certo, ía ir escoitarte no último recital, pero chovía tanto que non saín do abelleiro. agardo que recibiras as afotos. beijo
Enténdote moi ben: a min ás veces pásame exactamente o mesmo. De todos os xeitos, de cando en vez pasarei por aquí. Un saúdo.
Hai épocas que non son boas pero pasan e volven os bos tempos.
Espero que volvas escribir con gañas.
Un saúdo.
mmmm xa, pero:
xa sei para qué serve un bló 19.0 http://desorde.blogspot.com/2006/11/xa-s…)
Saúdos e espero ansioso a túa volta!
Subscribo ata a ultima palabra, feliz ano e unha aperta
Cousas de O Grove, Crónicas de un pueblo.
Dirixentes do PP levan ao xulgado a dous blogs de Cambados e O Grove.
Desde fai xa algún tempo proliferan en Internet as páxinas web, blogs e foros nos que cuestiones de política municipal arousá son as protagonistas dos debates. Lugares nos que os veciños non teñen reparos á hora de criticar actitudes e obras dos gobernos locais e, ás veces tamén, dos partidos da oposición. Cambados e O Grove protagonizan un gran número destes espazos e, os seus dirixentes, a maioría das críticas. Pero o que a uns lles fai graza, a outros non lles gustou nin un pelo. Dirixentes do PP destas dúas localidades levaron ao xulgado aos blogs camba2.blogspot.com e ogrobe.blogspot.com.
O blog do Grove recolle noticias da información local, con comentarios que engade o propio autor da páxina. A eles súmanselles tamén as opinións dos internautas que, libremente, escriben en cada unha das noticias.
tanto tempo che quita o de calcetar patucos que xa te esqueciches de nós? bótote en falta, edu. anda…