18-10-2006
día peronista
onte foi un día peronista.
chámanse así en arxentina os días de sol, os días estupendos.
pero onte, ademais, foi 17 de outubro.
situémonos.
1945. o daquela tenente coronel juan domingo perón era secretario de estado de traballo do goberno militar presidido polo xeneral edelmiro farrell.
no medio dun turbulento proceso (a cronoloxía e causalidade dos feitos difire moito segundo as fontes que se consulten) perón é detido o 12 de outubro nunha illa do río de la plata polo goberno do que facía parte.
eva perón, que estaba con el no momento da detención, consigue trasladarse de regreso a buenos aires e comeza a organizar, coa axuda dos líderes sindicais, un movemento popular que remataría cunha gran mobilización o 17 de outubro reclamando a liberdade do líder.
nace así un movemento social e político complexo que non vou tentar explicar, vállanme os deuses.
comecei a escribir este post, a conto da festa necrofílica de onte, con esa intención. pero vou declararme incompetente para tal empresa.
queda unha frase que escoitei onte na radio e que resulta bastante gráfica: o peronismo xa só é un soño.
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 11:54 na sección sen clasificar


Pois eu nunca din entendido ben que demo era iso do peronismo, pero foi moi esclarecedor un monólogo de Pinti que atopei pola internet. Aí dicía que o peronismo de esquerdas era como xelado quente, un concepto imposíbel. Suficiente, parece.
O peronismo de esquerdas é algo así coma o nacionalismo de esquerdas. Hai mezclas raras imposibles, coma un chuletón de boi con barro e flan. Eu non o trago pero se hai quen come iso, non serei eu o que lle rompa o plato! Respeto para que me respeten!
O nacionalismo de esquerdas tamén se chama internacionalismo de esquerdas, de toda a vida.
Eu, por exemplo, o que non trago é o internacionalismo que remata favorecendo imperios como o español ou o estadounidense.
Sobre iso hai un texto moi interesante, e nunca debidamente difundido, do Bakunin, onde se distinguen as nocións de patria (unha construcción burguesa artificial e opresiva), da de nación (unha construcción popular, sentimental e emancipadora). Despois pódese cuestionar en que casos estamos fronte a unha patria e en cales fronte a unha nación, ou se todos os partidos nacionalistas o son realmente.
Eu os partidos nacionalistas que mellor coñezo danme motivos pra ver que non hai de esquerdas, ojalá alguén me cale a boca.
Vale. Sen malos rollos, de verdade, o nacionalismo de esquerdas non é só os partidos que se din nacionalistas de esquerdas. Moita xente non militamos en nada e definímonos así e fódenos que non desacrediten constantemente.
Saúdos Eduardo, unha aperta grande. A ver cando nos vemos, segue en marcha o obradoiro?