13-10-2006
gallego, -a
recentemente desatouse unha polémica a propósito das acepcións que ofrece o dicionario da real academia española da palabra "gallego".
creo (e xa o dixen nalgún comentario por aí) que a polémica está mal servida.
o dicionario non decide o significado dunha palabra. o dicionario "recolle" usos. quer dicir: se en costa rica "gallego" significa "tonto" non é culpa da real academia española. e moi malo sería que o dicionario non reflectise un uso por que a alguén lle poida resultar ofensivo. (lembrade as recentes polémicas por retirar referencias a mahoma de manifestacións artísticas.)
o que realmente resulta molesto non é a definición do dicionario senón que realmente a palabra se utilice nalgúns lugares ou contextos con ese significado.
reivindicacións máis sensatas poderían ser:
- que a definición de gallego como "lengua de los gallegos" e catalán como "lengua romance vernácula que se habla en cataluña y en otros dominios de la antigua corona de aragón" se considera agravio comparativo.
- que as acepcións pexorativas poderían figurar no dicionario despois de todas as outras. nomeadamente despois da que se refire á lingua.
pero disto non hai titulares. coma sempre, as esixencias sensatas, acompañadas doutras que non o son, quedan agochadas e perden forza, ergo, efectividade.
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 1:37 na sección sen clasificar


Estou de acordo en que un diccionario só é unha ferramenta que reflexa o uso que se fai dunha palabra. En ningún caso se debería pedir que se supriman ditas acepcións, só pedir rigurosidade á hora de facer as definicións.
Aínda non oira ningunha opinión desde ese punto de vista con respecto ó da acepción de “galego” no diccionario da RAE ( ó mellor é que oio pouco) O caso é que tamén estou de acordo.
Creo que estamos nunha etapa na que proliferan os estremos á hora de entender as cousas. Todo se mira dunha forma absoluta, sen reparar nas circunstancias e nos contextos. É verdade que ás veces se utilizan certas palabras ou símbolos con intención de ofender pero tamén é certo que moitas outras veces non é así. Nin moito menos.
Plas, plas, plas.
Bravo!
Sensata opinión neste mundo de tolos!
Nada que engadir. Hai xente que ve pantasmas onde non as hai, e é triste porque se é por monstros seguro que atopa de sobra dentro dos problemas de verdade. Coma por exemplo, as reinvidicacións máis sensatas que vostede propón.
abofé que si, cando se planteja mal uma cuestióm surjem polémicas…pero também é certo que ante uma duda coa linguagem, um/uma acude a um diccionário, e istes nomm sempre están “ao día” con certos termos. amáis recolhe algúm diccionario a acepción catalán relacionada coa frase: “es catalán caralho!, que nom soltas un peso”…
Pero é un “diccionario de uso”. Se, nos significados de catalán, existe o de tacaño é normal que o exemplifiquen así.
A min jódeme que un uso do galego sexa en varios sitios o de “persoa tonta ou lenta” pero se ese uso existe, que lle vou facer…