servizo á comunidade

procúrase un temporal, ventos de máis de 120 km/h, chuvias fortes con rachas de moi fortes.

extraviouse nalgún sitio do atlántico norte cando se dirixía ás costas de galiza.

xornalistas, fartos de facerse eco unha e outra vez dos mesmos dislates dos políticos, agardábano ansiosos.
calquera información fiábel será recompensada. dirixirse a www.meteogalicia.es.

Chuzame! chúzame -

6 remoementos adicionais a “servizo á comunidade”

  1. setembro 21st, 2006 | 4:48

    Aqui em baixo, em Portugal, não está. Se o vir aviso. :)

  2. setembro 21st, 2006 | 4:50

    :D

    Xa non che hai temporais como os de antes. ¿Lembrades o “hortensia”?

    Qué tempos aqueles. Nin unha tella nos quedou no tellado.

  3. setembro 21st, 2006 | 8:43

    dan señas do temporal por cee, cedeira, ferrol e cambre.

    seica haberá fotos para a portada dos xornais de mañá.

    a realidade salva os xornalistas máis unha vez.

  4. setembro 22nd, 2006 | 2:21

    jajajajaja pois nos, que temos os políticos mais ladróns do mundo, non podo decir que non o teñamos. Será cousa de buscalo nas contas bancarias de Suiza.

  5. SZ
    setembro 23rd, 2006 | 6:58

    gordon chegou con tonic
    :)

  6. setembro 23rd, 2006 | 10:00

    ¡¡Ai, pois por aqui si que véu, que me tirou varias tellas, deitou tódalas fabas e me vareou a nogueira!! Se o chego saber dáballe o voso enderezo para que vos fixera unha visita, ;)