19-09-2006
AVISO LEGAL
perante as reiteradas reclamacións recibidas a propósito da escuridade lírica dos meus últimos posts e coa intención de aclarar calquera dúbida que puidese persistir, anuncio formalmente:
1) que ohqtomr e mais a súa compañeira van ser pais.
2) que o feliz evento terá lugar, se non hai novidades, en marzo de 2007
3) que non saben se é neno ou nena
aproveito a ocasión para transmitirlles da súa parte a ledicia que os embarga e que queren compartir convosco a través deste medio.
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 2:35 na sección sen clasificar


Parabens!!!!!!!!!!! van de novos, pero non menos fortes por repetidos. Apertísimas para a nai e para o pai!
HOSTIA!! NENO, PARABÉNS!!
Canto me alegro, é unha moi boa noticia PARABENS!!!.
Unha aperta grande.

Parabens meu !!!!!!! outro xato no millo
Pois transmítalle a ohqtomr os nosos parabéns… para que logo falen da natalidade
¡Noraboa!
Aproveite para escribir, que logo… (dígollo por experiencia)
Que saia todo ben. Seguro que si, a primavera é bo tempo para vir coñecer isto.
Vaites, había tempo que non lía os blogues e xa vexo o que me perdo. Con retraso, pero con moito afecto: noraboa
xa sabía eu que aljo especial pasaba…
estás coma un rei nunha cesta; ou será coma un príncipe?… dígoo polo comunicado, que case parece Real.
PARABÉNS… mil parabéns…
oitro cuchinho na corte!!! parabéns e que venha bem…
smuac!!!