29-09-2006
curso de pastor
as ligazóns patrocinadas de google sorpréndenme esta mañá con este link.
interesada polas técnicas que utilizan os humanos para tratar connosco, decidín darme unha volta pola páxina en cuestión.
un sitio alucinante chamado "seminário brasileiro de teologia" que se anuncia con este subtítulo: "uma nação de adoradores apaixonados por jesus".
a cousa é realmente interesante: ofrecen un curso de "formação do pastor" con "5 módulos e 500 perguntas". garantizando que "o aluno/pastor recebe credencial e diploma registrados".

gustaríame realmente coñecer esas 500 preguntas que abondan para que un "aluno/pastor" poida ocuparse acabadamente do seu rabaño.
as esixencias para a aprobación dos cinco módulos son interesantes: "bastante leitura, aquisição de cultura geral, exercício de memória, rapidez de raciocínio, elevado grau de associação, análise e coordenação de idéias". [as cursivas son miñas e podería acompañalas de cadanseu "(sic)".]
e o obxectivo é o mellor: "a defesa dos interesses bíblicos". interésanme particularmente as asociacións semánticas da palabra escollida para explicar o dito obxectivo "interesses".
estou pensando seriamente en apontar a'ohqtomr. a ver se aprende a tratar un pouco mellor comigo.
chuzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 10:02 na sección sen clasificar
» 4 remoementos adicionais




