saber

pasan e pasan os días e, a pesar de non (poder) postear sobre o asunto, non consigo quitarme do nariz o cheiro a fume.

resulta obvio que o problema xa non é apagar o lume senón determinar por que acende.

cómpre deter (e castigar) (firmemente) a quen acende o lume. pero moito máis importante é, penso eu, saber quen pon os fachos nas mans dos incendiarios. quer dicir: coñecer as causas de fondo que están detrás do lume.

quen prende o lume, quen se beneficia co lume.

os motivos tradicionais do lume galego (pelexas entre veciños, limpeza do monte baixo, aproveitamento do terreo para gandaría) quedan pequenos diante destes lumes tan finamente organizados nos entornos das cidades, nas beiras das vías de comunicación. mesmo a hipótese da ministra non podería explicar máis ca un pequeno feixe de todo este caos.

pillar ao parvo da aldea está tirado. pero hoxe semella evidente que o parvo da aldea pega lume ao monte porque alguén lle pon trinta euros no peto para que o faga.

a pregunta do millón é, xa que logo, de quen é a man dos trinta euros?

eu suxiro tres opcións (non excluíntes, acéptanse candidatos):

- as industrias da madeira

- as industrias da extinción de lumes

- a especulación inmobiliaria

ben sei que é máis doado pillar ao parvo da aldea pero, como se di na miña leira de orixe: "la culpa no es del chancho sino del que le da de comer".

santy (la opinión, 09/08/2006)

Chuzame! chúzame -

7 remoementos adicionais a “saber”

  1. agosto 10th, 2006 | 1:03

    e. mándame por mail a ligazón a un artigo na coz de hoxe no que se fala xustamente das causas dos incendios.

    mirade aquí.

    tamén engade que paga a pena a foto da contraportada da opinión de hoxe (ver aquí) e mais o chiste de santy.

  2. agosto 10th, 2006 | 1:24

    e engado estoutro link a un artigo na páxina da rtp.

  3. agosto 10th, 2006 | 10:30

    De todos xeitos, unha comeza a estar cansa de ter que denunciar sempre coa palabra…

  4. agosto 11th, 2006 | 1:46

    concordo con cada palabra: o diñeiro é moitas veces (case todas, diría eu) a mellor explicación das cousas, neste sistema no que vivimos.

  5. agosto 11th, 2006 | 10:01

    sentidiño: resultame incríble como prenden as conspiranoias na xente…

  6. agosto 11th, 2006 | 1:00

    supoño que non hai unha soa causa do lume, desorde. e ben sabes que non adoito recorrer á primeira ás teorías conspirativas.

    por exemplo: podo pensar sen ir correndo medirme a febre que algún paisano pirado dos “do-pp-de-toda-a -vida” pode pegar lume ao monte ao berro de “agora van ver estes rojillos como se cagan en dios”. non me parece delirante. pero de aí a deducir que o pp é quen dá de comer ao cocho hai un mundo.

    lin o teu artigo e realmente cústame estar de acordo coa túa teoría do cúmulo de casualidades ou contaxios.

    sigo pensando que estes lumes teñen demasiadas características sospeitosas.

    igual a cousa está nun termo medio: nin moitas casualidades nin unha conspiración, senón moitas casualidades e varias pequenas conspiracións.

    no que si concordo plenamente contigo é en que a solución ten de ser de fondo e a longo prazo.

    e permítome dubidar de que ningún dos nosos políticos (nin do goberno nin da oposición) teña ese “sentido de estado” (debería dicir “sentido de comunidade autónoma”? :) que as solucións de fondo requiren.

  7. Merlin
    agosto 12th, 2006 | 9:17

    Pois eu hoxe oinlle dicir a unha señora maior que os únicos culpables de todos os lumes eran os ecoloxistas(¡o que hai que oir!). O que non sei é en que se basa esta mentalidade cega para dicir iso.