hora h - 5

dentro de cinco horas ohqtomr sae de currar e marchamos en familia a barcelona.

uns días de desconecte, xa que non creo que sexan moi de descanso.

non creo que postee dende aló. ohqtomr precisa tamén desconectar do trebello este ou un día váiselle poñer a cabeza cadrada.

Chuzame! chúzame -

8 remoementos adicionais a “hora h - 5”

  1. xullo 14th, 2006 | 1:06

    disfrute :)

  2. xullo 14th, 2006 | 1:15

    Caghental! Con isto da mudanza teño que copiarlle o meu remoemento;-)
    :
    Que teña boa viaxe. Leve o pasaporte, que segundo o Inmundo calquera día rompe España e non o deixan re-cruzar o Padornelo sen papeis;-)

    Coma moita herba e que descanse

  3. xullo 14th, 2006 | 2:23

    agradécese, señor pito, desorde.

    sede felices, dentro do que cabe.

  4. SZ
    xullo 14th, 2006 | 8:31

    Súmome, por primeira vez desde o seu novo posto de estabulación, a desexarlle o mellor nese periplo de desconexión, coidado coas moscas.:)

  5. merlin
    xullo 15th, 2006 | 1:32

    Pois eu tamén lle desexo que pase moi boas vacacións en barcelona que seguro que o ten ben merecido.

  6. xullo 15th, 2006 | 11:15

    pase moi ben vostede e a familia! xa estamos neste novo curral-online que lle quedou moi bonitiño, eh?

  7. xullo 22nd, 2006 | 11:09

    Deséxolle unha feliz estancia en Barna a vostede e á súa familia. Disfrute dese tempo de lecer na compaña dos seus.

    Unha aperta grande.
    :)

    *Gústame o novo espazo pero esquenceuse da fermosa foto que tiña?.

  8. xullo 26th, 2006 | 8:24

    non esquecín, marinha, non. pero aínda non atopei o modo axeitado de poñela.
    a verdade é que a vaca e mais eu queriamos cambiarnos de leira para o 1º aniversario do blog e, entre unha cousa e outra, o aniversario pasou sen pena nin gloria.
    pero non deu tempo de ter a nova leira lista e, finalmente, por non seguir adiando a mudanza, fixémola cando esta aínda non estaba de todo.
    a ver se un destes días temos unha pausa e poñemos a foto.