1-06-2006
premio
non lin todos os libros de paul auster porque os vou dosificando.

téñoos todos, pero témolle á vertixe que me produciría saber que xa non me queda ningún sen ler.
dos que lin ata o de agora, sen dúbidas o mellor é a primeira parte de a invención da soidade.
aínda que tamén destacaría outras (leviatán, a noite do oráculo ou o libro das ilusións.
a última, brooklin follies, gustoume tamén. máis no estilo dalgunhas novelas vellas súas.
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 2:58 na sección sen clasificar


Habrá que hacerse con alguno de ellos entonces.
Un saludo
A min tamén me pasa con certos autores e ata con certos libros, que da pena acabalos de ler. Está claro que se queres os podes volver a ler pero xa non é o mesmo.
Con Auster non é o mesmo…. é mellor. E sempre apaixonante…
Pois hai que agradecerlle a quen sexa de Galaxia que collese os dereitos para sacalos antes ou ao tempo da versión española. Así dá gusto, xa case parecemos un país normal.
certo é. e eu diría que grazas a este premio, o esforzo que seguramente significou conseguir os dereitos para a tradución ao galego van verse máis recompensados.
ogallá o impulso se manteña e poidamos seguir lendo a auster en galego.–>