selos

levo varios días remoendo sobre o asunto da fraude filatélica. conversei o asunto con distintas persoas e tirei algunhas conclusións.

é unha verdadeira putada que a xente perda os seus aforros porque os inviste de boa fe nun sitio onde lles prometen altos dividendos e os estafan. pero é responsabilidade de cada un saber onde mete os seus cartos, que garantías se ofrecen, que riscos se corren

o estado non ten responsabilidade económica neste caso. quer dicir: non está obrigado a compensar económicamente as perdas dos aforristas de forum e afinsa. non imos pagar todos polas metidas de pata dos demais. ou acaso eles pensaban compartir connosco os beneficios obtidos se o investimento non resultaba en fraude?

investir en selos é como investir en ladrillos. se ti mercas un piso e o construtor marcha a waikiki cos cartos da entrada, hai que facer como fan os xaponeses.

- como fan os xaponeses?
- fódense.

non vale defender un sistema de estado non intervencionista para unhas cousas e despois ir pedirlle ao estado un salvavidas cando se desata a tormenta.

isto non quere dicir que non sexa necesario pensar en restrinxir e controlar mellor as actividades deste tipo de empresas. a liberdade de oferta e a flexibilidade do concepto "publicidade enganosa" son unha bomba de reloxoaría.

Chuzame! chúzame -

5 remoementos adicionais a “selos”

  1. SZ
    maio 16th, 2006 | 5:49

    Subscríboo totalmente.
    Unha aperta

  2. maio 18th, 2006 | 11:43

    A min non me dan moita pena. Avaricia + cobiza = timo da estampita.
    O que si que me subleva é a permisividade das leis e das autoridades con estas bandas de aproveitados organizados que actúan impunemente sen que ninguén os controle (seguramente por iso había tanta xente querendo invertir aí, nese sitio tan escuro e pouco controlado, para aforrar os impostos…)
    Se calquera de nós monta un pequeno negocio habíannos de controlar ata o último patacón e esixirnos o quiñón que lles toca.

  3. maio 19th, 2006 | 11:11

    Tamén eu estou tyotalmente dacordo.
    Bicos.

  4. maio 23rd, 2006 | 12:57

    Hai un ano recomendei a un curmán que non investise nese negocio tan ventaxoso e “sen ningún tipo de risco” como lle aseguraban. Non teño claro se me fixo caso ou non.

  5. outubro 16th, 2007 | 1:10

    Discrepo no que se refire a estado-sistema non intervencionista. Digo que o sistema-estado no que vivo se declara non intervencionista, pero afirmo tamén que directamente ou mediante a adopción de directivas de instancias superiores establece cotas de producción en múltiples sectores.
    Iso non o entendo eu como non intervención.
    Subvencionase con diñeiro público investimentos privados e establécense normativas que regulan as actividades de producción, as interaccións do mercado, expropianse terreos para convertilos en solos industriais de baixo custe, fixanse precios de materias primas, créanse políticas exteriores para protexer as empresas que operan en outros países…
    Paréceme que toda empresa está obrigada a declarár a natureza da súa actividade económica, se isto é así o forum debeu declarala tamén.
    Logo debeu acaparar unha parte importante do mercado do aforro e moito diñeiro debeu empezar a cambiar de mans, semella un fluxo claramente visible.
    SurOeste, ten moita razón ou a min paréceme, eu pídolle a responsabilidade ó lexislador que é o meu representante; teño a absurda idea de que traballa para min, para o meu beneficio e a miña protección.
    As leis son un sistema, o sistema regulador, o sistema, a puta realidade.
    Os casos dende a miña maneira de ver son simples anéctotas que declaran unha realidade máis fonda. Claro que eu teño un defecto na visión.