éxito internacional

eu non sei quen é esta xente pero sitúan este ollo no séptimo posto dos blogs galegos, detrás de nomes todos tan insignes que vou ser a primeira vaca ruborizada.

afortunadamente, outros blogs de similar insignitude cós seis primeiros, aparecen detrás do ollo da vaca. o que permite deducir que o criterio é unha trapallada auténtica, que non debedes facerlle o máis mínimo caso e eu tampouco.

decidido: non vou ser a primeira vaca ruborizada.

pd: este post non está post-o coa intención de quitar da portada o anterior :-)
pd2 (28/04/2006 ás 12:03): a lista actualízase, faltaría máis, e xa estamos no oitavo posto. o tempo vai poñendo as cousas no seu sitio.

Chuzame! chúzame -

3 remoementos adicionais a “éxito internacional”

  1. abril 29th, 2006 | 1:32

    vostede merece, señora vaca! e tamén o ohqtordv!!

  2. abril 30th, 2006 | 12:07

    Non sexa tan modesto. A clasificación é merecida. A seguir así.

  3. abril 30th, 2006 | 7:46

    Opino igual que Torredebabel, vostede mereceoi. NORABOA!!!.

    Unha aperta. :)