perspectivas

non sei se víchedes estes días un proxecto de lei do grupo socialista no parlamento español en relación cos dereitos dos grandes simios.

é curioso como un pode cambiar (perder) as perspectivas...

o proxecto resulta, dende unha óptica europea, progresista. é interesante que un partido político demostre preocupación polos dereitos dos animais.

onte, nunha tertulia radiofónica, a presentadora sacou o tema a colación. os tertulianos, todos escritores (ou algo así) latinoamericanos, comezaron a facer comentarios irónicos do proxecto. un deles parecía gardar silencio pero algo debeu escapárselle porque

presentadora: jorge, paréceche divertido?
tertuliano: estou tirado polo chan da risa. non se lles ocorreu pensar en facer unha lei para garantizar eses dereitos aos inmigrantes, aos nenos pobres?

Chuzame! chúzame -

8 remoementos adicionais a “perspectivas”

  1. Merlín
    abril 26th, 2006 | 4:15

    Estou de acordo en que os gobernos deberian facer leis que garantisen a protección e facilitasen unha boa vida ás persoas que por desgraza non a teñen(Tanto persoas que viven na pobreza, como inmigrantes e outras moitas máis) Aínda que tamén creo que unha cousa non quita a outra.
    Creo que se poden facer leis para protexer aos animais e leis que protexan ás persoas que ao fin e ao cabo ven sendo o mesmo. Pode que sexa prioritaria a protección das persoas pero tamén é importante protexer o medio no que vivimos, tanto aos animais como aos demais compoñentes da natureza.

  2. abril 26th, 2006 | 7:41

    … o típico rollo guai de quen non se lle ocurre ningunha outra cousa. e mira que hai problemas ambientais en españa…
    … tamén eu escribín algo ó respecto. unha aperta

  3. abril 26th, 2006 | 8:08

    Fixen a xestión esa, máis ó final xa tiñan pechada a viaxe. O 29 presentase na feira do libro de Bs.As. o libro de Lojo en galego…
    Unha apreta.

  4. abril 27th, 2006 | 5:29

    Todo o que sexa en avanzar nos dereitos humanos ou dos animais e un progreso. Sei que hai cans e gatos que viven millor ca muita xente pero son minoria dentro dos cans e gatos asi que vai polo resto que sofre, non?.

  5. abril 27th, 2006 | 9:21

    concordo cos comentarios todos.

    evidentemente, que faga falta amañar os dereitos dos traballadores non quere dicir que non se poidan facer leis para ordear o gasto farmacéutico.

    o post ía porque me impresionou decatarme (cando oín o comentario do tertuliano) de que non se me pasara pola cabeza facer tal razoamento.

    de todos os xeitos, se tivese que decantarme pola postura de acedre e merlín (dunha banda) ou pola de desorde (da outra) quedo coa de desorde. a min a historia sooume a rollito guai. francamente.

  6. abril 27th, 2006 | 9:28

    recomendo, ao respecto, a lectura deste pequeno post de desorde.

  7. abril 27th, 2006 | 12:21

    ¿E os dereitos das vacas que? Hoxe xa non as hai que tiren de arados nin de carros polo prezo dunha cutre mantenza, pero iso de dar 20 litros de leite diarios, e que non sexan prara os fillos senón para que os regalen nun hipermercado… Converter o alimento dos becerriños en reclamo para as compras dos sábados tamén ten o seu delicto.

  8. Merlín
    abril 27th, 2006 | 7:12

    Estou de acordo co que dixo Desorde. O que pasa é que cando escribín o meu comentario tiña por suposto, equivocadamente, que cando alguén que está acostumado a falar nunha tertulia ou escribir artigos pensa ben antes de falar e non di a primeira parvada incoherente que lle ven á mente. Aínda que polo visto parece que nalgúns casos non é así.