27-04-2006
éxito internacional
eu non sei quen é esta xente pero sitúan este ollo no séptimo posto dos blogs galegos, detrás de nomes todos tan insignes que vou ser a primeira vaca ruborizada.
afortunadamente, outros blogs de similar insignitude cós seis primeiros, aparecen detrás do ollo da vaca. o que permite deducir que o criterio é unha trapallada auténtica, que non debedes facerlle o máis mínimo caso e eu tampouco.
decidido: non vou ser a primeira vaca ruborizada.
pd: este post non está post-o coa intención de quitar da portada o anterior ![]()
pd2 (28/04/2006 ás 12:03): a lista actualízase, faltaría máis, e xa estamos no oitavo posto. o tempo vai poñendo as cousas no seu sitio.
chuzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 3:19 na sección sen clasificar
» 3 remoementos adicionais





