sábado de chuvia

sábado de quedar na cama mirando pelis.

lembro o tempo en que isto era normal. lembro mesmo cando era tan normal que a rúa na que vivía amenceu inundada todas as mañás dende outubro ata maio.

contra o final daquel inverno gris andaba que me doía o corpo todo, estaba sempre canso. non foi preciso ir a ningunha clase de médico para curar aquela doenza.

abondou que parase de chover e saíse o sol.

agora non pasa iso. agora miramos a chuvia detrás dos cristais coa certeza de que en dous ou tres días poderemos volver facer a fotosíntese sen máis.

Chuzame! chúzame -

9 remoementos adicionais a “sábado de chuvia”

  1. arsenio
    febreiro 18th, 2006 | 8:57

    Hoxe ás 10 da noite poñen “in the mood for love” en localia. Se non a viches, recoméndoche encarecidísimamente que a vexas (bueno, se che dá tempo de ler este comentario).
    Vaiche gustar moooooito.
    E o final…. buffff

  2. febreiro 18th, 2006 | 9:55

    hoxe tod@s escribimos da chuvia

  3. febreiro 19th, 2006 | 11:45

    ay… quén nos dera a nós un pouquiño de chuvia por estes días quentes e abafantes. Será por iso que a min nunca me chega a chuvia e sempre penso que podería chover máis ainda… Apertas!

  4. febreiro 20th, 2006 | 12:32

    Solo espero que no decida que el día 3 de Marzo sea uno de esos dias en los que no sale de casa!!!
    Le espero!!!

  5. oko
    febreiro 20th, 2006 | 4:30

    que bonita a chuva. e que fermosas as súas palabras. hoxe eu querería que non deixase nunca de chovver para non ter que moverme da cama

  6. febreiro 20th, 2006 | 6:26

    o noso é de agardar…

  7. febreiro 20th, 2006 | 9:05

    Eu xa teño escrito sobre a chuvia reiteradamente. Estes días non escribín sobre o tema, para variar. Estamos embelesados pola chuvia. :D

  8. febreiro 20th, 2006 | 10:40

    fermosas palabras, e preciada chuvia. O certo é que se bota moito de menos aqueles invernos de chuva,o seu suave titineo nas pedras das rúas, o bater nas ventanas, …., aborrezo o frío.

  9. febreiro 21st, 2006 | 11:48

    aquí non choveu, pero eu estiven todo o sábado deitado… dá gusto facelo de cando en vez!