3-01-2006
de vsqn e os modos
supoño que xa tod@s coñeced@s este blog.
levo varias visitas ao mencionado dándolle voltas ao asunto.
moitas quinielas téñense botado a conta do nome que se agocha detrás do pseudónimo.
a verdade é que nunca me interesaron moito.
a min o blog gústame. ou debería dicir "gustábame". fartáronme un pouco os comentaristas. todo chéirame a podre, retorto, chabacano (ou cursi), lambón (ou baboso). e vacuo.
ela (?) lanza a pedrada. eles (?) responden fielmente ao estereotipo. ela non contesta.
agora ten publicidade.
creo que vou decantarme polo pretérito no tempo verbal.
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 4:23 na sección sen clasificar
» 3 remoementos adicionais

