os silencios do poema

(ou, tal vez, "mirar para outro lado III")

tiña pendente unha reflexión a propósito do que se di e o que non se di no poema.

pero falei do tema c'ohqtomr e el decidiu asumir a reflexión onte pola noite a conto dun novo poema que engadiu no libro novo que anda construíndo.

en fin, que aí quedou a reflexión na súa bitácora.

Chuzame! chúzame -

3 remoementos adicionais a “os silencios do poema”

  1. eue
    xaneiro 24th, 2006 | 9:57

    Eu sempre o vin coma kafka: unha orquestra de asociacións conceptuais. A idea vai buscando aos poucos os seus adubíos.
    Gústame moito o poema. Para min o silencio elocuente está no amor posible, que non está alí e que nos permite o inconformismo.

  2. xaneiro 24th, 2006 | 3:18

    para min o mellor do poema é tamén o silencio, todas esas cousas que non se din. ela acendendo o móbil e lendo unha mensaxe de non sabemos quen, el vendo no espello do baño a súa propia imaxe por onde tampouco os anos son indiferentes. sair fóra e que inda sexa noite.

  3. Aisa
    febreiro 3rd, 2006 | 8:16

    Non sei moi ben se estamos a falar dos silencios do poema ou de poemas de silencio…, é dicir, dos poemas do inefable, ou sexa, puro paradoxo.
    Para poemas do inefable consúltense entre outros J.A. Valente… “Mandorla”
    ISO É SILENCIO