ohqtomr volve ás andadas

o home non sabe se estar contento, ilusionado, asustado, intrigado ou que.

a historia é así: tiña dende había ben tempo abandonada a poesía pero nos últimos meses fóronlle saíndo uns textos novos. e nas últimas semanas deu en concluír que ese material semellaba ter sentido en conxunto e podía empezar a considerar a posibilidade de facer un libro.

entón ocorréuselle a idea que o trae contento, ilusionado, asustado, intrigado e "que": publicar completamente na web todo o proceso de construción do poemario.

así foi que creou un blog. chamouno "en construción". podedes miralo facendo clic aquí. ademais, fixo unha serie de engadidos na súa páxina web para que se poida seguir todo o proceso.

tamén deixou por aí unha explicación sobre o funcionamento da historia.

en fin, que eu digo que podiades facerlle unha visita a ver que vos parece.

Chuzame! chúzame -

10 remoementos adicionais a “ohqtomr volve ás andadas”

  1. xaneiro 16th, 2006 | 4:42

    O proceso de construcción da obra ten que selo todo para o artista. Se o artesán non desfruta do proceso non desfruta da arte. O produto queda para os demais. É bo compartir pero os escritores son egoístas e o cerne desa individualidade é o proceso de construcción das súas palabras.

    Sempre que o making off do libro non deixe de ser outro libro inxerido no poemario (é dicir sempre que sexa totalmente espontáneo, sincero e aberto, desprovisto de artificio)será un exercicio de valentía. Ánimo.

  2. xaneiro 16th, 2006 | 9:34

    Pois non sabe Vd. canto me aledo. Augúrolle un feliz regreso ao país de ollos de vaca e lúas grises. Se alguén se interpón no seu camiño vexa Kill Bill I e II as veces precisas e obre en consecuencia.
    Unha aperta.

  3. xaneiro 17th, 2006 | 8:56

    Visitarei de contado a obra que se está a construír, pero procurarei non facelo con temperamento de xubilado ocioso.
    Noraboa, é vostede un valente. Ah, por favor, que a señora vaca lle transmita a quen corresponda o meu agradecemento polos intres de absoluta felicidade que vivín lendo dúas marabillas chamadas “Derrotas” e “Só paxaros saíron desta boca”.

  4. i.a.
    xaneiro 17th, 2006 | 9:23

    vai ser mui lindo e mui instrutivo a um tempo :-) mais, faça o favor, habilite o invento para os que nom sejamos usuários de blogspot poidamos deixar comentários ;-)

  5. xaneiro 17th, 2006 | 3:23

    e despois dicía ese home que se estaba quitando…
    encantados estamos de que volva as andadas

  6. xaneiro 17th, 2006 | 8:41

    con moito prazer, acompañaréi este traballo dende lonxe, facendo de “hinchada” nos momentos que sexa necesario e de “barra-brava” cando vostede ande na procura de alento. Apertas señor ollo!!! é vostedes moi valente, como xa se dixo por acá…

  7. eue
    xaneiro 18th, 2006 | 10:30

    Ideaza, e un verdadeiro agasallo para os fans. ;-)

  8. xaneiro 19th, 2006 | 4:20

    Beizón… e sacas de herba ;-)

  9. xaneiro 19th, 2006 | 4:23

    grazas polos ánimos.

    di aquí ohqtomr que agarda non defraudar as expectativas.

    eu o que agardo é que reserve un anaco do seu tempo para seguir merecendo o seu acrónimo.

  10. xaneiro 20th, 2006 | 1:05

    No lo dudes, andaré de aqui para allá, de un lado para otro.