opa

a conto do fallo do tribunal da competencia, o tema da famosa opa de gas natural sobre endesa volve ocupar os titulares grosos de xornais e informativos.

as posturas parecen irreconciliábeis. o goberno, mesmo sen ter aprobado aínda a opa, semella ser proclive a facelo. a oposición cólgalle ao goberno todo tipo de epítetos por favorecer unha opa que califica de poco menos que apocalíptica.

eu por principio desconfío das concentracións de capital que abeiran o monopolio. iso non pode ser bo para a xente (nin para as vacas).

pero teño verdadeiras dúbidas de que o que impulsa ao pp a opoñerse á opa sexa a súa preocupación polo benestar xeral.

cales serán, realmente, as motivacións que sosteñen tan encarnizadas posturas? saberémolo algún día?

Chuzame! chúzame -

5 remoementos adicionais a “opa”

  1. xaneiro 5th, 2006 | 12:59

    ¿Motivación? ¿Acaso el PP tuvo alguna motivación alguna vez aparte de la de sacar votos para su propio beneficio?

  2. xaneiro 5th, 2006 | 2:49

    Vostede son sabe aquel dito:-Cando a limosna é moita, o santo desconfía…
    Unha aperta. :)

  3. xaneiro 5th, 2006 | 8:20

    pois, sabe unha cousa, artipractor? neste caso permítome sospeitar (sen ningunha proba que o avale, vállanme os deuses) que hai poderosos intereses económicos detrás de cada unha das posturas.

    probabelmente o poder económico de la caixa sexa que está excitando (por intereses nacionais ou partidistas) a postura dos partidos cataláns e, en consecuencia, forzando o posicionamento do goberno socialista.

    parécenme máis escuros os beneficios que, a todas luces, sacaría o pp de non producirse a opa. pero que os sacaría non teño nin a máis pequena dúbida.

  4. xaneiro 5th, 2006 | 3:03

    Eu comprendo que é unha cuestión alimentaria, só hai que saber quen é membro dos consellos de xestión de tales empresas; en concreto o de Endesa, para saber por que hai moito interese en non avanzar cara á OPA.
    Se ao señor de Libertad Digital -lle quitan o seu posto no consello trala fusión, é normal pensar que non a queira :-)

  5. xaneiro 10th, 2006 | 1:52

    Saber, saber, o que se dí saber… estrañame que se saiba de todo. Saberemos algún día o que pasou con Unión Penosa? Só medias verdades, sospeitas e suposicións. Os protagonistas últimos xa se gardarán de estar ben caladiños…