27-11-2005
Violencia contra…
O xoves estiven no acto que organizou a Secretaría Xeral de Igualdade da Sunta (sic) de Gali(z)a.
-Manda carallo! -comenteille a L.- agora imos a actos oficiais...
Foi unha especie de recital poético con inter-vencións inter-caladas de cantantes e mais bailarina (non a vin, tiven que marchar antes do final porque tiña unha cita co cuarto poder).
Non estivo mal, pero botei en falta homes no escenario.
A extinción da violencia contra as mulleres é unha necesidade social. Convertila nunha reivindicación feminina (ou, moito peor aínda, feminista) é unha redución innecesaria e, penso, errónea.
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 1:00 na sección sen clasificar

