Cineuropa non

Fun bastante ao cine estas semanas. Unha boa válvula de escape cando a pota empeza a coller presión de máis. Pero nin pisei Cineuropa. Non é que lle teña especial manía ao festival compostelán. Máis téñolle á xente que soporta longas colas diante do xanelo pechado do Principal e cando, a mediados de decembro, as mesmas películas pasan a unha sala comercial morren de asco e non duran nin dúas semanas.

Antes podíase xustificar no prezo da entrada. Agora xa nin hai moita diferencia.

En calquera caso, para quen aínda as teña a tiro, recomendar dúas das pelis que vin: La vida secreta de las palabras. Cada día me atraen máis estas historias de silencios e soidade e a peli é boa mesmo a pesar da insoportábel dobraxe da protagonista (que xa é mérito). E mais Malas temporadas. Cámara está de moda (e ben que o merece) pero eu fun ver a peli, obviamente, por Leonor Watling pero marchei impresionado co traballo de Nathalie Poza. Finísimo.

(A foto da Watling é de En la ciudad a magnífica película de Cesc Gay de 2003.)

Chuzame! chúzame -

4 remoementos adicionais a “Cineuropa non”

  1. novembro 23rd, 2005 | 11:27

    Eu tamén son un gran entusiasta de Leonor Watling, sen embargo, coido que hai algo que non debería facer: cantar. ¿Non che parece?

  2. novembro 23rd, 2005 | 12:16

    Mmmm eu son, paréceme, moito máis entusiasta ca ti… ;-)
    Encantoume unha frase que lle lin nunha entrevista hai pouco. Era algo así como: “fago o cine que me gusta, canto as cancións que me apetece, dentro de 100 anos ninguén se vai lembrar de min e iso está ben”

  3. mar-longo
    novembro 24th, 2005 | 10:33

    Quero xa outra imaxe da Watling, que esa non lle fai xustiza.
    E a voz e as músicas de Marlango son moi boas, malia a influencia de Waits.
    A min ela que me cante na orella.

  4. novembro 24th, 2005 | 2:58

    Bueno, bueno… queres fotos da Watling?

    Proba aquí