Linguas e política

Lía nun xornal sobre reaccións alporizadas a un cartaz despregado o outro día no Camp Nou reivindicando a unidade lingüística dos Països Catalans.

Lembrei unha anécdota que me contou un bo amigo valenciano. Poderíamos titulala: "De como o valenciano se convertiu nunha lingua polo interese da dereita españolista de acoutar a unidade cultural catalá".

Eu tamén penso, ás veces, que as modificacións que o galego require na súa ortografía non terán lugar mentres os partidos políticos sigan erguendo unha e a outra normativa como bandeiras. (Non busquedes segundas intencións na escolla das ligazóns precedentes. Valía igual calquera outra.)

E un par de reflexións adicionais:

Cando un político sostén en público cousas demostradamente falsas ("o valenciano é unha lingua diferente do catalán", "as praias están limpas de chapapote") fai uso do principio de que é verdade o que se enuncia como tal e como tal aparece nos medios de comunicación (vid. Jean Baudrillard).

A unidade cultural dun país faino máis forte. Velaí os evidentes intereses por desmembrala.

Chuzame! chúzame -

1 remoemento adicional a “Linguas e política”

  1. outubro 25th, 2005 | 10:57

    Dous apuntamentos sobre as ligazóns:

    - No artigo fixádevos no concepto “espectador ideológicamente indefenso”. :-O

    - Na web do partido político a data das últimas actualizacións ;-)