31-10-2005
O importante
O outro día o Celta foi a Bilbao xogar un partido de liga. A véspera do partido o adestrador, Fernando Vázquez, decidiu levar os xogadores ver o Guggenheim. Levounos. Chegaron ata a porta. Decidiron que o de entrar a un museo non ía con eles. Marcharon dar unha volta pola cidade.
Un par de días despois, nun programa deportivo (léase "futbolístico") en RNE entrevistaban ao presidente da LFP a propósito de que varias ligas europeas ían propoñer á UEFA a introdución de cámaras para colaborar a arbitrar os partidos. A continuación, e introducido por un "pasamos a un tema moito máis importante e grave" do presentador do programa, comentaron unha iniciativa lexislativa europea que ía permitir transmitir en directo por internet e aos móbiles secuencias dos partidos de fútbol das ligas europeas, sen que se requira por esas transmisións pagar dereito ningún. Excuso glosar a opinión do presidente da Liga ao respecto.
Non é que estas cousas me sorprendan. Sorpréndeme só a naturalidade coa que parece que temos que tomarnos todo isto.
chuzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 8:39 na sección sen clasificar
» 1 remoemento adicional


