25-08-2005
Agosto
O meu correo electrónico estes días hai momentos en que parece que non funciona.
E, a pesar das estatísticas, semella que polo ollo da vaca neste agosto non mira nin "Aisa", que xa é dicir.
As vacas galegas non marchamos de vacacións. Rumiamos ininterrumpidamente.
Estes días ando a darlle voltas a un post sobre os incendios. A ver se hoxe ou mañá podo colgalo, pero esta foto é un bo adianto:

chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 8:37 na sección sen clasificar


Saiba que os pitos galegos tamén quedan de garda, tendo conta dos ovos;-) E eu tamén lle dou dúas veces ó botón de recibir correo, por se ascaso…
Eu xa colguei o meu post sobre os incendios. Parece que somos presa da actualidade informativa. Un saúdo