11-08-2005
…e outro nome celebrábel
Segundo El Correo Gallego de hoxe, Luís Bará será o novo Director Xeral de Cultura. A decisión honra á titular da consellería.
chúzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 10:22 na sección sen clasificar


ley de murphy: o malo foi nomeado onte, o bo non.
agardemos que o nomeamento de bará chegue a bo porto no próximo consello.
Tamén o dicía o Faro, pero seica no arradio a quen lle asignaban o posto era a Luis Barcia, dúas letras que bailan. Eu alegraríame moito de que fose Bará, é un bo home e moi capacitado, polo que vexo as poucas veces que paso polo meu galiñeiro do Sur.
Pois nada, o propio interesado (Bará) confírmao hoxe nos xornais do sur (Faro, ed. Pontevedra; Diario). Que lle vaia bonito;-)
Tiven a confirmación (amigos de amigos) o sábado, pero non me puxen diante dun ordenador ata hoxe.
Que sigan as boas novas.
O nomeamento tanto de Luís Bará como de Santiago Domínguez Olveira véxoos moi acertados. É un premio ó bo labor realizado tanto en Pontevedra coma en Vigo e ademais eu penso que non nos fallarán. Un saúdo.