Dous éxitos e algunhas derrotas

Dous éxitos:

1) Seguir sendo unha Rexión Obxectivo 1.

2) Que a UE considere a posibilidade de matizar o informe sobre contaminación na zona do Courel tras as "xestións" feitas polo candidato á sucesión do patrón.

Derrotas:

Oio insistentemente dicir que agora os amigos do PP serán substituídos polos amigos dos novos.

Non é que teña unha confianza cega nos políticos nin que crea realmente que isto non será así. Só dáme mágoa que empecemos este novo tempo derrotados.

A maioría votou cambio. Cambio nos modos de xestionar, non só cambio nas mans que se meten no bote.

Como dí mariademallou, que o fagan ben que, senón, botámolos tamén a eles. Agora que xa sabemos como se fai.

Chuzame! chúzame -

2 remoementos adicionais a “Dous éxitos e algunhas derrotas”

  1. edu
    xuño 30th, 2005 | 2:47

    perder a condición de rexión obxectivo 1 debería ser un obxectivo, estamos de acordo. pero sería unha putada que, despois de o pp dilapidar durante anos os fondos de cohesión en economías de subvención veñan agora “os outros” a tentar gobernar unha rexión obxectivo 1 sen poder dispoñer dos cartos correspondentes por selo…

  2. xullo 1st, 2005 | 4:54

    Sí. É preciso un verdadeiro cambio, non só un relevo de persoas e programas. Ou cambian as formas ou non teremos gañado nada.