25-06-2008
non confundir con democracia (opinión)
refire o xornal arxentino página/12 de hoxe unha enquisa realizada pola organización WorldPublicOpinion a propósito da aceptación que ten a tortura a terrorista como medio para salvar outras vidas humanas.
as cifras son espeluznantes.
a nivel global, só un 57 % das persoas entrevistadas rexeita a tortura nestes casos.
as nosas sociedades occidentais vertébranse arredor de principios moitas veces discutíbeis. mesmamente este da "democracia" podería poñerse en cuestión se maiorías como esta nos levan a autorizar a tortura con fins policiais.
ou a "democracia representativa" se permite que institucións como o parlamento europeo aproben directivas como a recente de ampliación do prazo de retención de inmigrantes sen papeis (pensádeo un pouco: trátase de que se pode ter até 6 meses retida a unha persoa sen proceso xudicial só porque non ten papeis!) ou a ampliación da xornada laboral a 65 horas semanais.
encántanos xulgar os demais, os que non entendemos, e deberiamos pararnos un pouco a mirar o que estamos facendo coa nosa propia sociedade.
chuzame -
remoeuno así o ollo da vaca ás 10:00 na sección sen clasificar
» non hai remoementos adicionais
» 2 remoementos adicionais





